Sobre nós

A nosa sede

A Cervexeria Merlego foi ese lugar onde pouco a pouco os celtistas de Compostela foron reunindose, xa que a cidade carecía dende había anos dunha peña e dun local referente para o celtismo da cidade. O noso número foi medrando, ata que alo polo ano 2010 decidimos dar o paso e comezar a constituir a nosa peña co Merlego como sede como non podia ser doutra forma.


Atopámonos na rúa da Angustia nº22, unha das rúas máis importante dun dos barrios con máis sona de Compostela, o barrio de San Pedro. Todo celtista da zona  ou que pase por Compostela é benvido a disfrutar de algún partido con nós.