Comeza a tempada. Todos a Balaídos (e os que queden ao Merlego)

Este domingo ás 21h temos unha cita en Balaídos para estrear unha tempada ilusionante. Cun equipo que mantén unha moi boa base de estes anos, conbos reforzos e que ven dunha gran pretempada, que de seguro nos fará disfrutar moito.
Para aqueles que non poidades ir, recordarvos que no Merlego sempre se poñen os partidos do Celta exclusivamente, aínda que coincidan con outros equipos, como o Barça este domingo.
NO MERLEGO, ONLY RCCV














Read more ...

Viaxe a Iruña para o Osasuna vs Celta (3 de Maio ás 20h)

Estamos a preparar a viaxe a Iruña para o partido Osasuna vs Celta do Sábado 3 de Maio.
O plan é saír na madrugada do Sábado en autobús para chegar pola mañá e poder visitar a cidade con calma. O partido é ás 20h. Faremos noite nun hotel de 4 estrelas con buffet de almorzo incluído e saíremos de volta a Compostela o Domingo pola mañá para chegar aproximadamente ás 10 da noite.
O prezo é de 60€ + 40€ entrada*
Se estades interesados podedes poñervos en contacto aqui ou no correo electrónico merlegoscelestes2012@gmail.com
(A dispoñibilidade e o prezo das entradas está pendente de confirmación)


Read more ...

III Aniversario da peña

O Martes 22 de Abril a partir das 20:30h celebramos o aniversario da peña. Contaremos coa presenza de representantes do Celta, incluíndo algúns xogadores. Ás 22h disfrutaremos do concerto de Rockfabooguies. Estades todos convidados. Ademáis o noso aniversario enmárcase na celebración do X Aniversario do Merlego. Hai concertos todalas noites de mércores a venres e unha degustación de mexilón o venres. Non dubidedes en pasarvos.


Read more ...

Campaña de recollida de alimentos xunto ás peñas celtistas Milladoiro e Norte Celeste

Acabando o Nadal, a un grupo de peñistas ocurreuselles que, ante os difíciles tempos nos que vivimos, poderíamos ter organizado unha recollida de alimentos para aportar a nosa axuda ás persoas necesitadas. Pensamos que igual xa pasaran as datas máis axeitadas, pero decidimos que non, que iamos levar a cabo a nosa campaña durante todo o mes de Xaneiro, en primeiro lugar para cumplir coa nosa vontade de colaborar e en segundo lugar para chamar a atención sobre que o esforzo e a solidariedade de todos ten que continuar ao longo de todo o ano e non limitarse ás festas de Nadal.

Por todo isto, as peñas celtistas Merlegos Celestes, Milladoiro e Norte Celeste,que gardamos xa unha estreita relación porque compartimos desprazamento a Balaídos, decidimos unir esforzos unha vez máis para levar adiante esta iniciativa. Durante todo o mes de Xaneiro, aproveitamos os nosos desprazamentos en bus a Balaídos e os espazos habilitados na cervexería Merlego de Santiago de Compostela e na Casa da cultura de Milladoiro para ir recollendo doazóns tanto de peñistas coma de non peñistas que quixeron participar.

Finalmente, o venres 31 rematamos a campaña e fixemos entrega de 367 kilos de alimentos na delegación de Santiago do Banco de Alimentos. Queremos agredecerlles aos seus responsables a súa amabilidade e que nos ensinaran as súas instalacións e a súa forma de traballar. Axudounos a valorar como se merece o gran traballo que fan e a súa importancia.

Por suposto queremos tamen agradecer as súas doazóns a todos aqueles que colaboraron nesta campaña e que conseguiron que superáramos as nosas expectativas. E xa de paso queremos animar a outras peñas a que leven a cabo iniciativas similares nas súas zonas. Hai que intentar manter o esforzo solidario todo o ano. 

Moitas grazas a todos! Un saúdo.


Read more ...