I Encontro peñas celtistas no Camiño

O vindeiro Sábado 10 de Agosto un grupo de membros de peñas celtistas chegarán a Compostela en peregrinaxe, cumplindo así a promesa que fixeron no seu día se o Celta mantiña a categoría. 

Aproveitando dita ocasión, dende Merlegos Celestes decidimos organizar unha festa de benvida para estes camiñantes, cuns pinchos para recuperar forzas, música de gaiteiros e sobre todo a intención de pasar unha tarde divertida e relacionarnos con outras peñas.

Dende a nosa peña queremos convidar así mesmo a calquera peñista do Celta de Vigo que queira achegarse á nosa cidade e compartir a tarde con nós. Así que animámosvos a vir.

O encontro terá lugar no Campo da Angustia, no barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela Mapa. A hora ainda está por determinar pero estimamos que será sobre as 5-6 da tarde.

Read more ...

#PortoCeleste

Onte, 28 de Xullo de 2013, o Celta disputou un partido amigable de pretempada contra o Porto no Estadio do Dragao. Foi grande o desprazamento de siareiros á cidade portuguesa para ver por primeira vez aos nosos. E por suposto alguns dos nosos peñistas tamén estiveron alí. Aquí vos deixamos un enlace ao noso album de fotos deste día na nosa páxina de facebook.

Día de festa celtista pero non esquecemos.

Read more ...

Merlegos Celestes coas vítimas do accidente de tren en Compostela

Dende Merlegos Celestes queremos amosar o noso profundo pesar polas vítimas mortais do accidente de tren que aconteceu onte na nosa cidade e o noso apoio aos seus familiares e achegados, asi como desexarlle a tódolos feridos unha pronta e completa recuperación.


Read more ...

Cotas para a tempada 2013/2014


Logo da xuntanza de socios da peña que tivo lugar o sábado 15 de Xuño acordáronse os prezos para a vindeira tempada. Mantense a cota de 20 euros para os adultos, que deberán formalizar a renovación antes do 10 de Agosto. Asi mesmo, creáse unha nova categoría xuvenil, dende os 6 ate os 18 anos, cunha cota de 10 euros. Os nenos menores de 6 anos poderán facerse socios de balde.

Os socios terán dereito a varias vantaxes, tales coma descontos nas viaxes para asistir aos partidos, no merchandising da peña, en entradas para Balaídos e outras vantaxes máis que iremos anunciando ao longo da tempada.

Faite socio e ven a disfrutar, sufrir e apaixonarte polo Celta xunto a nós!
Read more ...

Viaxe dos Merlegos a Valladolid 26/05/2013

Para a próxima viaxe a Valladolid a peña Merlegos  Celestes deicidiú aportar 500 € para o desprazamento dos nosos peñistas.

Dependendo da cantidade de xente interesada baraxamos  varias posibilidades de viaxar, furgoneta, minibus ou bus intentado que sexa o máis económico posible para o resto dos peñistas e os non peñistas.

Debido a motivos de organización por parte da F.D.P. para mercalas entradas do partido por medio deles, o prazo máximo para facer a insicripcion e o luns 20 de Maio ás 13:00 H.  Doutra maneira cadaquen teria que conseguila entrada por medios propios.

A forma para facela reserva da Entrada+Viaxe sera inscribindose na Cervexeria Merlego.

O prezo da viaxe para os Non Peñistas é de 10 €. (Pode variar dependendo do medio de transporte que haxa que utilizar).

Para ir a viaxe SERA OBRIGATORIO TER A ENTRADA.

Read more ...

Os Merlegos tamén estaremos alí... PORQUE NON NOS RENDEMOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Di o refraneiro popular que cando un se cae sempre está obrigado a erguerse. En Vigo, cidade esixente por natureza, fixemos dese dito o noso particular lema. Noventa anos de historia nos que o sufrimento e as bágoas de angustia eran os nosos compañeiros de viaxe. Claro que de cando en vez adornados por un sorriso, pero o certo é que o noso sempre foi a loita contra todo tipo de tempestades para intentar obter, todo mes de xuño, unha permanencia, unha promoción ou, se as cousas non ían de todo mal, un lugar en Europa. Pero sempre loitando ata o final, sabendo que ninguén ía dar nada por nós e erguéndonos cada vez que tropezabamos. Así somos e así seremos sempre. A oito partidos do final, a situación é límite. Non hai marxe de erro. Pero #NonNosRendemos. E vós, celtistas, xogades agora un papel fundamental. Vós sodes agora os protagonistas. O voso alento e o voso ánimo é necesario e obrigado para un equipo que o luns afronta a súa primeira final a vida ou morte. Polo tanto, e porque #NonNosRendemos, querémosvos convocar o próximo domingo a partir das 11 da mañá en Balaídos. Alí o Celta fará o último adestramento antes do choque ante o Mallorca. A vosa presenza é fundamental para que o equipo note que non está só, que conta con todo o apoio. #NonNosRendemos 



Dende Zeru Urdin queremos convocar conxuntamente co resto de peñas do Real Club Celta de Vigo a toda á afección a ir ó adestramento do Domingo en Balaídos, xa que o Luns non poderemos ter moita representacion desprazada a Mallorca. #NonNosRendemos #XuntosConseguirémolo
Convocan:
PEÑAS:
Arribada Celeste
Irmandiños
Siareiros.net
Preferencia Celeste 
Morriña Celeste
Centolos Celestes 
Peña SuperMario Celeste
Peña Lío en Río
Peña Jorge Otero
Celtílikos
Comando Celta
Siareiros Dezaos
Merlegos Celestes
Read more ...

Viaxe Celta - Real Madrid 10/03/2013 19:00 h

A peña Merlegos Celestes xunto coa peña Celtista do Milladoiro, estamos a preparar a viaxe para o partido do vindiero dia 10/03/2013 fente ao Real Madrid.

A saida será coma sempre desde a Cruz de San Pedro ás 16:30 h co fin de chegar a tempo ó estadio (Hai que ter en conta que é hora e cuarto de viaxe no bus e sendo previsible que a esa hora o tráfico en Vigo sexa complicado), e a volta será as 21:15.

O prezo é o habitual, 7,50 € os soci@s e 11 € os non soci@s das peñas sendo as formas de inscripción as habituais, ben por teléfono o ben por mail merlegosceletes2012@gmail.com

O prazo de reserva pecharase o venres ás 22:00 e se non houbese persoas suficientes para ir lamentablemente suspenderiase a viaxe.

E moi importante a vosa colaboración co fin de ter unha boa coordinación referente ás prazas reservadas.

Read more ...

Viaxe Celta - Valencia 09/02/2013 18:00 h


A peña Merlegos Celestes xunto ca peña Celtista do Milladoiro, estamos a preparar a viaxe para o partido do vindiero dia 09/02/2013 fronte ao Valencia.

A saida será coma sempre desde a Cruz de San Pedro ás 16:00 h co fin de chegar a tempo ó estadio (Hai que ter en conta que é hora e cuarto de viaxe no bus e sendo previsible que a esa hora o tráfico en Vigo sexa complicado), e a volta será as 21:00.

O prezo é o habitual, 7,50 € os soci@s e 11 € os non soci@s das peñas sendo as formas de inscripción as habituais, ben por teléfono o ben por mail merlegosceletes2012@gmail.com

O prazo de reserva pecharase o xoves ás 22:00 e se non houbese persoas suficientes para ir lamentablemente suspenderiase a viaxe.

E moi importante a vosa colaboración co fin de ter unha boa coordinación referente ás prazas reservadas.

Read more ...

Viaxe da Federación de Peñas para o Xetafe - Celta

Facémonos eco da información que nos facilita a Federación de Peñas do Celta de Vigo referente á viaxe que estan organizando para o encontro do vindeiro 16 de febreiro de 2013 en Xetafe entre o XETAFE e o CELTA DE VIGO para os soci@s das peñas do celta de Vigo.

Calqueira dúbida que teñades preguntádenola no noso mail merlegoscelestes2012@gmail.com



Read more ...

Viaxe Celta de Vigo - Real Sociedad 26/01/2013 16:00H

A peña Merlegos Celestes xunto coa peña Celtista do Milladoiro, estamos a preparar a viaxe para o partido do vindiero dia 26/01/2013 fente ao Betis.

A saida será coma sempre desde a Cruz de San Pedro ás 13:30 h co fin de chegar a tempo ó estadio (Hai que ter en conta que é hora e cuarto de viaxe no bus e sendo previsible que a esa hora o tráfico en Vigo sexa complicado), e a volta será ao final do partido.

O prezo é o habitual, 7,50 € os soci@s e 11 € os non soci@s das peñas sendo as formas de inscripción as habituais, ben por teléfono o ben por mail merlegosceletes2012@gmail.com

O prazo de reserva pecharase o xoves ás 22:00 e se non houbese persoas suficientes para ir lamentablemente suspenderiase a viaxe.

E moi importante a vosa colaboración co fin de ter unha boa coordinación referente ás prazas reservadas.

Read more ...