Viaxe Real Club Celta de Vigo - Real Madrid 12/12/2012 22:00 h

A peña Merlegos Celestes xunto ca peña Celtista do Milladoiro, estamos a preparar a viaxe para o partido de Octavos de final da Copa do Rei do vindeiro dia 12/12/2012 (vaia data máis caralluda para conquerir un importante triunfo).


Nun principio a saida sera desde a Cruz de San Pedro ás 20:00 h co fin de chegar a tempo ó estadio (Hai que ter en conta que é hora e cuarto de viaxe no bus e sendo previsible que a esa hora o tráfico en Vigo sexa complicado), ainda que tamén se pode variar hasta as 20:30, ésta ultima hora seria xa máis axustada ó comenzo do partido.

Os soci@s das Peñas teñen prioridad podendo reservar hasta o venres dia 07/12/2012. A partires desa data estará aberta ó publico a inscripción, tendo prioridade respecto ó público en xeral os acompañantes dos soci@os das peñas, pechandose definitivamente o prazo de inscripción o dia 10/12/2012.

Se houbese máis solicitudes que prazas de autobús intentariase facer a contratación doutro bus.
O prezo é o habitual, 7,50 € os soci@s e 11 € os non soci@s das peñas sendo as formas de inscripción as habituais, ven por teléfono o ben por mail merlegosceletes2012@gmail.com

E moi importante a vosa colaboración co fin de ter unha boa coordinación referente ás prazas reservadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario