Previa Celta - Sevilla



AO MAL TEMPO BOA CARA

Por PIPO RABANAL.

Achéganse partidos complicados nas vindeiras datas. O Real Madrid e o F.C. Barcelona serán os rivais lonxe da Galiza mentres que os próximos enfrontamentos en Balaidos son contra o Sevilla e contra o Depor. Todos equipos difíciles de batir pero se hai algo o que un ten que estar acostumado nestas terras e ao mal tempo,boa cara.

Puntuar nestes partidos é moi importante para que non aparezcan os nervos se veñen mal dadas. É vital non baixar postos na clasificación polo que faise primordial manter o ritmo. De momento, os vigueses non conseguen gañar fora da Galiza. Sen embargo, gañou os dous partidos que xogou na casa.

Cando un pasa tempo lonxe da casa dase conta do bem que un está no fogar. Hai xente que síntese así de bem cando está en Balaidos ou no Merlego. Este vernes as 21:30 toca visitar a casa viguesa, polo tanto Balaidos vai estar ateigado de xente que forma parte da familia celtista.

Algúns levarán bocata dende casa, outros mercaran empanadillas e moitos aprobeitarán que é vernes para facer 2x1, botellón e fútbol. En tempo de crise calquer excusa serve para brindar con licor café (ademáis de para sobrelevar a biruxe que fai a noite) e hai que lembrar que os partidos do Celta no fogar saldanse con victoria,mellor razón imposible.

Aínda que os xogadores celestes estan acostumado ás temperaturas de Galicia, estalles costando aclimatarse á primeira división. O capitán Oubiña deuse conta de que o equipo xenera “más ocasiones” que os seus rivais pero non están conseguindo que isto influa no resultado final.

Para alguns o 6 de outubro é un día especial (felicitademe todo!!!) para Javi Varas vai significar moito este vernes xa que “esta va a ser la primera vez” que se vai enfrontar ao Sevilla. “Será un partido bastante especial” xa que alí ten “muchos amigos” e garda “muy buenos recuerdos” da sua etapa nese club. En definitiva, algo máis que tres puntos, será lembrar unha etapa pasada xogando cos...perdon, contra os seus amigos.

Agora só falta empezar o fin de seman con bo pé, que ganhe o Celta e que os Merlego Celestes sigan demostrando que a eles si que se lles pode mandar loitar contra os elementos, nin frio nin choiva deterá o ímpetu dos nosos siareiros, xa que tenhen máis forza que a Armada Invencible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario