"El partido de las doce" - Cadena COPE
O
pasado dia 18/10/2012 a nosa peña foi ao programa "EL PARTIDO DE LAS
12" da cadena COPE. Membros da peña do Milladoiro tamén nos acompañaron.
Despois de pasar por unhas grandes medidas de seguridade conquerimos introducir
a nosa pancarta -era a única pancarta dunha peña celtista e deportivista que alí
había- a cal daba fé da nosa presenza. Pero iso non foi o único, tiñamos dúas
misións difíciles que realizar, a primeira era que Paco Herrera nos firmase o
cartel da aposta de que si o celta ascendía, o Merlego nos invitaba a cervexa,
o cal xa estaba firmado por algúns xogadores, e a segunda misión era
entregarlle unha carta persoal do Presidente da Peña na cal se lles invitaba a
facernos unha visita e tomar esas cañas que teñen pendentes. Despois dos
"escaqueos" que dous membros da peña lle fixeron ao equipo de
seguridade alí presente, CONSEGUÍRONSE ditas MISIÓNS. E de agradecerlle a
atención prestada tanto por Paco Herrera como por parte de De Lucas que en todo
momento estiveron atentos cos "infiltrados" da nosa peña, e como mostra,
aquí vos deixamos as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario