O venres foi outro gran dia para o celtismo. Nos visitaba o Sevilla, un dos equipos dos chamados a ter en conta para loitar polo menos por puestos U.E.F.A. pero eso ao Celta, e sobre todo cando xoga no seu FORTIN, parece que non lle da medo.
O Sevilla a pasada xornada foi quen de por contra ás cordas a todo un Barça, cun final de infarto incluido e non libre de polémica arbitral como sole acontecer cando xogan os dous equipos punteiros la liga española. O tema arbitral, por certo, é un tema a falar aparte, e o Celta xa está a ver como se as gastan os "trencillas", pero deso teremos tempo dabondo para falar. Pero desta volta, o equipo andaluz voltou para a sua terra de valeiro ainda que supoño que levarian unha boa lembranza gastronómica da nosa terra.
Balaidos é un FORTIN e eso quedou demostrado o venres. Un día por certo que non sei a que cachola pensante se lle ocurreu por un partido de futbol, pero xa nada nos sorprende desta liga tan "poffesssional" - como diria Manquiña- que temos neste pais non menos "poffessional". E digo que é un fortin tralo viisto o venres, os fondos marcador e Vodafone a REVENTAR de siareiros con ganas de descargar grandes tonelaxes de adrenalina non parando de animar en ningun momento. Menos leda é a grada de Tribuna a cal ao meu parecer é unha grada á cal lle queda moito por dar.
E todo o dito anteriormente o equipo agradeceo dándonos un espectaculo IMPRESIONANTE coma o que nos deu o venres.
Pouco hai que decir do bo partido que fixeron, en todalas liñas en xeral ainda que algún "gatinho" se empeñou e facerlle unha pequena "proba de rendimento cardíaco" aso siareiros cando se lle ocurreu levantar un pouco o pe e deixar pasar un balón por embaixo que a piques estivo de entrar na rede, pero intres despois soupo enmendar cunhas paradas desas que fan "epoca" e nos indican a todos que a porteria do celta está a bo recaudo. O mellor de todo é a sencación que está a dar o celtiña de que o equipo estase cada vez unificando máis e entendendose mellor. soio queda ver como se empeza a comportar fora da casa que é onde realmente non estamos deixando algún punto que ben poderiamos traer pero supoño que nun futuro no moi lonxano eso deixará de pasar.
Quedan tres xornadas DIFICIS pero NON IMPOSIBEIS de pasar. Son desas etapas de montaña coma no ciclismo, que podes sair moi tocado ou podes sair "lider" e máis foorte ca nunca. Madrid, Corunha e Barça e depois visitar Vallecas -da cal saiú onte escaldada a "xouba de riazor"- visita que se poderia tildar de "etapa de transición".
Destas tres xornadas pirenaicas a do "corunha" entóxasenos que debe de ser un partido no cal os tres puntos debense de quedar no FORTIN, e para elo teremos que axudar coma sempre dende as gradas.
Nós, coma sempre, xa estamos a preparar a excursión para o proximo partido frente a "xouba de riazor" e dende aqui aproveitamos para convidaros a participar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario