Celta vs Deportivo - O Noso Derbi


De novo en primeira, voltamos a disfrutar do nóso derby na máxima categoria do futbol español. Non hay melllor forma de explicar o que un siinte cando participa desta festa que mostralo en imaxes.

Imaxes nas cales se ve a ledicia da xente que teñen en común un mutuo sentimento, o cal ten por certo, unha das cores máis a$legres que os nosos ollos ponde ollar, O CELESTE.

Siareir@s que ainda sen coñecerse intercambian bufandas, comparten medios de transporte, intercambian opinións xuntos e sobre todo berran como se una soia voz se tratase ALA CELTA (os máis modernos xa din LET´S GO CELTA) , ou cantan coma se dunha orquesta sinfonica se tratase A RIANXEIRA ou o MIDUIÑO.

Da "outra parte" -igual que do trencilla".........MELLOR NIN FALAR. Soio decir que foron UNS INVITADOS DE LUXO que a donde vaian teñen que presumir de haber sido os "invitados" a tan TREMENDA FESTA, e de paso....... "Aprender" un pouquinho.....-).


Read more ...

"El partido de las doce" - Cadena COPE


O pasado dia 18/10/2012 a nosa peña foi ao programa "EL PARTIDO DE LAS 12" da cadena COPE. Membros da peña do Milladoiro tamén nos acompañaron. Despois de pasar por unhas grandes medidas de seguridade conquerimos introducir a nosa pancarta -era a única pancarta dunha peña celtista e deportivista que alí había- a cal daba fé da nosa presenza. Pero iso non foi o único, tiñamos dúas misións difíciles que realizar, a primeira era que Paco Herrera nos firmase o cartel da aposta de que si o celta ascendía, o Merlego nos invitaba a cervexa, o cal xa estaba firmado por algúns xogadores, e a segunda misión era entregarlle unha carta persoal do Presidente da Peña na cal se lles invitaba a facernos unha visita e tomar esas cañas que teñen pendentes. Despois dos "escaqueos" que dous membros da peña lle fixeron ao equipo de seguridade alí presente, CONSEGUÍRONSE ditas MISIÓNS. E de agradecerlle a atención prestada tanto por Paco Herrera como por parte de De Lucas que en todo momento estiveron atentos cos "infiltrados" da nosa peña, e como mostra, aquí vos deixamos as fotos.



Read more ...

Lotería Merlegos Celestes

Xa temos a Lotería de Nadal da Peña Merlegos Celestes.

Xogamos ao número 04118
Enlace permanente de imagen incrustada

 E os regalos que se sortean na rifa


Read more ...

Xa temos as bufandas da peña. A disfrutalas!

Xa as temos aqui, xa nos chegaron as primeiras bufandas de Merlegos Celestes. Podédelas adquirir na nosa sede social ou podédesvos poñer en contacto con nós para acordar como facervola chegar en merlegoscelestes2012@gmail.com, no facebook ou no twitter.

Os prezos: soci@s 7€ / non soci@s 11€

Read more ...

Viaxe para #ONosoDerbi

Xa estamos preparando a viaxe da próxima fin de semana a balaidos para disfruta do DERBI.
Presentámosvos o cartel que fixemos para esta ocasion e non vos esquezades de anotar.


Read more ...

Datos das viaxes a Madrid e Barcelona


Viaxe a Madrid
Morriña Celeste invitan a participar na sua festa aos que vaian a MADRID. Aquí tedes a info.
Read more ...

Sorteo para o Celta - Coruña


Xa celebramos o sorteo dos carnés da Peña para poder ir ao vindeiro partido do Celta de Vigo frente ao Deportivo da Corunha.

Os gañadores son:
  • Socio nº 29: D. JOSE VIQUEIRA.
  • Socio nº 32: D. ROBERTO SALVADO.
  • Socio nº 45: D. DANIEL BALADO.
  • Socio nº 60: D. MARTIN REGO RIVERA.
Rogamos confirmedes a vosa asistencia o partido antes do vindeiro Venres 19 de Outubro. Se queda algun Carné libre a Peña disporá del.
Read more ...

Celta - Sevilla


Bus Merlegos Celestes e Milladoiro.
O venres foi outro gran dia para o celtismo. Nos visitaba o Sevilla, un dos equipos dos chamados a ter en conta para loitar polo menos por puestos U.E.F.A. pero eso ao Celta, e sobre todo cando xoga no seu FORTIN, parece que non lle da medo.

O Sevilla a pasada xornada foi quen de por contra ás cordas a todo un Barça, cun final de infarto incluido e non libre de polémica arbitral como sole acontecer cando xogan os dous equipos punteiros la liga española. O tema arbitral, por certo, é un tema a falar aparte, e o Celta xa está a ver como se as gastan os "trencillas", pero deso teremos tempo dabondo para falar. Pero desta volta, o equipo andaluz voltou para a sua terra de valeiro ainda que supoño que levarian unha boa lembranza gastronómica da nosa terra.

Balaidos é un FORTIN e eso quedou demostrado o venres. Un día por certo que non sei a que cachola pensante se lle ocurreu por un partido de futbol, pero xa nada nos sorprende desta liga tan "poffesssional" - como diria Manquiña- que temos neste pais non menos "poffessional". E digo que é un fortin tralo viisto o venres, os fondos marcador e Vodafone a REVENTAR de siareiros con ganas de descargar grandes tonelaxes de adrenalina non parando de animar en ningun momento. Menos leda é a grada de Tribuna a cal ao meu parecer é unha grada á cal lle queda moito por dar.

E todo o dito anteriormente o equipo agradeceo dándonos un espectaculo IMPRESIONANTE coma o que nos deu o venres.

Pouco hai que decir do bo partido que fixeron, en todalas liñas en xeral ainda que algún "gatinho" se empeñou e facerlle unha pequena "proba de rendimento cardíaco" aso siareiros cando se lle ocurreu levantar un pouco o pe e deixar pasar un balón por embaixo que a piques estivo de entrar na rede, pero intres despois soupo enmendar cunhas paradas desas que fan "epoca" e nos indican a todos que a porteria do celta está a bo recaudo. O mellor de todo é  a sencación que está a dar o celtiña de que o equipo estase cada vez unificando máis e entendendose mellor. soio queda ver como se empeza a comportar fora da casa que é onde realmente non estamos deixando algún punto que ben poderiamos traer pero supoño que nun futuro no moi lonxano eso deixará de pasar.

Quedan tres xornadas DIFICIS pero NON IMPOSIBEIS de pasar. Son desas etapas de montaña coma no ciclismo, que podes sair moi tocado ou podes sair "lider" e máis foorte ca nunca. Madrid, Corunha e Barça e depois visitar Vallecas -da cal saiú onte escaldada a "xouba de riazor"- visita que se poderia tildar de "etapa de transición".

Destas tres xornadas pirenaicas a do "corunha" entóxasenos que debe de ser un partido no cal os tres puntos debense de quedar no FORTIN, e para elo teremos que axudar coma sempre dende as gradas.

Nós, coma sempre, xa estamos a preparar a excursión para o proximo partido frente a "xouba de riazor" e dende aqui aproveitamos para convidaros a participar.


Read more ...

Previa Celta - Sevilla



AO MAL TEMPO BOA CARA

Por PIPO RABANAL.

Achéganse partidos complicados nas vindeiras datas. O Real Madrid e o F.C. Barcelona serán os rivais lonxe da Galiza mentres que os próximos enfrontamentos en Balaidos son contra o Sevilla e contra o Depor. Todos equipos difíciles de batir pero se hai algo o que un ten que estar acostumado nestas terras e ao mal tempo,boa cara.

Puntuar nestes partidos é moi importante para que non aparezcan os nervos se veñen mal dadas. É vital non baixar postos na clasificación polo que faise primordial manter o ritmo. De momento, os vigueses non conseguen gañar fora da Galiza. Sen embargo, gañou os dous partidos que xogou na casa.

Cando un pasa tempo lonxe da casa dase conta do bem que un está no fogar. Hai xente que síntese así de bem cando está en Balaidos ou no Merlego. Este vernes as 21:30 toca visitar a casa viguesa, polo tanto Balaidos vai estar ateigado de xente que forma parte da familia celtista.

Algúns levarán bocata dende casa, outros mercaran empanadillas e moitos aprobeitarán que é vernes para facer 2x1, botellón e fútbol. En tempo de crise calquer excusa serve para brindar con licor café (ademáis de para sobrelevar a biruxe que fai a noite) e hai que lembrar que os partidos do Celta no fogar saldanse con victoria,mellor razón imposible.

Aínda que os xogadores celestes estan acostumado ás temperaturas de Galicia, estalles costando aclimatarse á primeira división. O capitán Oubiña deuse conta de que o equipo xenera “más ocasiones” que os seus rivais pero non están conseguindo que isto influa no resultado final.

Para alguns o 6 de outubro é un día especial (felicitademe todo!!!) para Javi Varas vai significar moito este vernes xa que “esta va a ser la primera vez” que se vai enfrontar ao Sevilla. “Será un partido bastante especial” xa que alí ten “muchos amigos” e garda “muy buenos recuerdos” da sua etapa nese club. En definitiva, algo máis que tres puntos, será lembrar unha etapa pasada xogando cos...perdon, contra os seus amigos.

Agora só falta empezar o fin de seman con bo pé, que ganhe o Celta e que os Merlego Celestes sigan demostrando que a eles si que se lles pode mandar loitar contra os elementos, nin frio nin choiva deterá o ímpetu dos nosos siareiros, xa que tenhen máis forza que a Armada Invencible.
Read more ...