UN CAFE SÓ POR FAVOR........... PARA DESPERTAR
Domingo pola mañán, entre
cafés, croasans, bolos e cachos de biscoito, chegaba o momento do pitido
inicial. Pronto nos poidemos decatar de que algúns dos xogadores do Celta parecía
non darse de conta de que si, que eran as doce da mañana dun domingo e que había
que Xogar un partido correspondente á Liga.
O primeiro en darse de conta
foi Bellvis, que despois dunha entrada ao bulto dentro da área a Torje, veu
como o arbitro sinalaba o punto de penalti. Non empezaban ben as cousas para o
Celta, o Granada puñase por diante, pero nos seguíamos a pedir cafes, alguns, xa
un pouco máis despertos xa empezaban cas primeiras consumicións habituais.
De pronto, nun ataque ben levado
por Siqueira , éste da un pase ó centro da área e Torque márcalle o segundo ó
Celta. Parecía como si a liña defensiva
do Celta ainda estivese na cafetería do Hotel e seguirá pedindo café e zume de Laranxa.
Co 2-0 foi o Granada o que
tirou de freno de man e púxose a descansar. Fruto delo chegou no minuto 20 o
gol de Iago Aspas. Ese gol e vendo a situación de perdida de control por parte
dos xogadores granadinos inducíronos a
pensar que o empate estaba máis cerca que lonxe.
Unha defensa sefardí que daba
a impresión de que non sabían o que era defender deixaba que os xogadores do
Celta chegaran uha tras outra á meta de Toño, o cal demostrou o seu bo facer
coma porteiro. Durante 60 minutos e dando como resultado unhas estadísticas de
escandalo en canto a tiros a porta se refire o Celta chegaba a portería contraria
unha e outra vez pero non daba metido o balón dentro da portería.
En vista deso, o entrenador
do equipo andaluz fixo os cambios oportunos
reorganizando o equipo e provocando que a liña defensiva se compactase disminuindo
dende eses intres o perigro céltico ainda que se seguía chegando á meta
defendida por Toño.
En resumo, 20 primeiros minutos
de cafetería por parte da defensa celtica e 90 minutos de falta de pegada por
parte da dianteira do Celta deron coma resultado que os tres puntos se quedaran
no estadio dos cármenes.
Algo haberá que reflexionar,
posto que así non se pode seguir remando. Non se poden seguir dando
posibilidades na defensa, a liga xa leva mes e medio en camiño e se nos poñemos
a recordar, os goles que nos meteron
foron productos de claros desordes defensivos e de nomes en concreto que en
momentos dados do partidos parecen atravesar por páxaras que dan coma fruto
eses fracasos defensivos.
Por outra parte queda
demostrado que á dianteira fáltalle pegada, que dominamos de medio campo para
adiante pero non temos esa chispa de “killer” para conquerir meter a pelota
dentro da portería.
O Celta, se os partidos se
puntuasen por “puntos” (coma no boxeo) en vez de por goles, a día de hoxe ben
poidera estar de media taboa para arriba na liga, pero no futbol o que conta
son os goles, non o dominio do balón, e en cuestión de efectividade fallamos
máis ca unha escopeta de feira.
Moito hai que cambiar se é
que o ano que ven queremos seguir estando en primeira. Imos tendo a sorte de
que os outros equipos non están a puntuar polo que non hai ainda diferencias de
puntos na clasificación xeral pero hai partidos, coma é o caso do de hoxe, que
os puntos que deixemos escapar ó final botarémolos de menos. Ainda estamos a
tempo de REACCIONAR, pero por si as moscas, pidamos UN CAFÉ SÓ POR FAVOR……….
PARA DESPERTAR.
Read more ...