Se hai un partido que nos puxo a tod@s con máis esperanzas no ascenso, ese foi o derbi que xogou o Celta con Deportivo o 15 de abril de 2012 en Balaidos.
Ese encontro fíxonos ver que o Celtiña estaba ben arroupado polos seus siareiros e que pese as dificultades, nunca camiñaria só.
A partir de ahí foi unha marcha atras cara o ascenso, dia tras dia comentario tras comentario, partido tras partido, facendo números, partidos que poderia gañar, empatar ou perder e sobre todo facendo contas dos puntos que o Valladolid poidera facer, xa que a empate de puntos, o Celta estaria por diante na clasificación.
Na penúltima xornada o Valladolid empatou contra todo pronóstico frente ao Alcorcón poñéndonos a falta dunha xornada con dous puntos de avantaxe.
Estaba o ascenso a TIRO DE PEDRA......
Ningún comentario:
Publicar un comentario