Historia da peña


A peña Merlegos Celestes nace en setembro do 2010 froito da xuntanza dun grupo de moz@s simpatizantes do Celta de Vigo que viñan a ver os partidos á Cervexeria Merlego sita no nº 22 da compostelana rúa da Angustia.

Co tempo ditas xuntanzas decidíronse formalizar e con elo crear a Peña MERLEGOS CELESTES sendo rexistrada no rexistro xeral con data 5 de abril do 2011 pasando a formar parte da Federación de Peñas do Celta de Vigo en Febreiro do 2012.


O 6 de Marzo do 2012 foi o Gran Dia da Peña xa que nesa data tivo lugar a INAUGURACIÓN OFICIAL da peña, no local social da mesma, asistindo por parte dO Real Club Celta de Vigo o Delegado do clube Vlado Gudel e os xogadores Sergio, Alex e Toni.






Ningún comentario:

Publicar un comentario